Portal do cliente e CRM

Clientes

Os teus clientes, informados sen ter que chamarte.

No seu portal consultan equipos, actas, certificados e facturas, e piden reparacións ou orzamentos. E co CRM, o teu equipo comercial non perde ningún orzamento.

PORTAL DO CLIENTEComunidade C/ Mallorca 245
CM
Equipos482 vencen este mes
Última revisión14/10Correcta
Próxima visitaXan.Revisión trimestral
DOCUMENTOS
Acta de revisión · outubro 2026PDF
Certificado de mantementoPDF
Factura F-2026-0418Pagada
Solicitar reparación Pedir orzamento

Como funciona o portal

  1. 01

    Dás acceso ao cliente

    Co seu NIF ou correo electrónico e un contrasinal fácil de ditar, con rexistro de quen dá cada acceso.

  2. 02

    O cliente consulta

    Equipos, vencementos, actas, certificados, inventarios e facturas, sempre ao día.

  3. 03

    Pide o que necesita

    Solicita unha reparación ou un orzamento, que che chega co seu número de aviso.

Menos chamadas e ningún orzamento esquecido.

Toda a documentación

Orzamentos, albarás, facturas, contratos, actas, certificados e inventarios no portal.

Solicitudes con número de aviso

Reparacións e orzamentos pedidos desde o portal, sen chamadas nin correos soltos.

Orzamentos con fotos

De instalación, correctivo, preventivo, venda ou reparación, con imaxes do produto.

Pipeline comercial

Segue cada oportunidade e recibe avisos dos orzamentos pendentes de aceptar.

Ficha completa do cliente

Delegacións, contactos, tarifas propias, histórico de visitas e correos enviados.

Avisos automáticos

Recordatorios de pagamento e de orzamentos pendentes, e modelos de correo con anexos.

Preguntas frecuentes

En que plan se inclúe o portal do cliente?

A partir do plan Empresa pequena.

Podo controlar quen entra no portal?

Si. Ti dás e retiras o acceso a cada cliente, e queda rexistrado quen o fixo.

O cliente pode aceptar orzamentos desde o portal?

Si. Consúltaos e acéptaos desde o seu portal, e ti velo ao momento en Befire.

Dálles aos teus clientes un servizo que se nota.

Ensinámosche o portal tal e como o verían os teus clientes.

Reservar unha demo